Quen somos?

LEIS & NEGOCIOS SL é unha entidade con personalidade xurídica propia dedicada a prestar asesoría e representación legal en varias ramas do dereito proporcionando un servicio personalizado, integral de maneira máis rápida e eficiente.

Leis & Negocios dispón de  dúas áreas de negocio diferenciadas que exercen a súa actividade en todo o territorio nacional.

                 Leis & Negocios Despacho de avogados

                 Leis & Negocios Asesoría integral de empresas.

A avogada e Técnico superior en prevención de riscos laborais M. Pilar Leis Puñal é a fundadora e directora de Leis & negocios, dispón dunha ampla experiencia dentro  do dereito laboral e na xestión e asesoramento integral a empresas.

A nosa traxectoría profesional e o número crecente de clientes satisfeitos, son o mellor respaldo de calidade, integridade e eficiencia con que realizamos o noso traballo.

Estamos orgullosos de poder proporcionar aos nosos clientes o mellor servizo profesional, e respostas claras a moitas das súas inquietudes no desenvolvemento da súa vida persoal e tamén na súa actividade empresarial.

Traballamos de cerca con cada cliente tendo en conta a súa individualidade  para axudarlle a manexarse do mellor xeito posible na súa actividade diaria, co fin de alcanzar os seus obxectivos e cumprir acertadamente con todas as súas obrigas legais.

Coñeza máis sobre os nosos servizos no noso sitio web, e non dubide en contactarnos, para que poidamos ofrecerlle un servizo personalizado. Estaremos compracidos de axudarlle a solucionar as súas necesidades de xestión ou de proporcionarlle o asesoramento legal que precise.